top of page

Baila

A cidade esperta ao teu redor

e ti bailas co teu vestido vermello.

As luces siguen o movemento

da tea esvarando polas pernas longas.

Quizais alguén te leve esta noite.

Non quedan suspiros para as nenas tontas

na cidade experta,

pero ti bailas sempre con intelixencia,

finxindo non ver as miradas

que se cravan no vestido azul.

Experta cidade que te absorbe,

Provocas.

Non bailes nena, non bailes...

Deixa descansar o traxe verde.

Deixa que te invite a unha copa.

E búscote nas rúas,

encóntrote no cuarto douscentos trinta e seis.

Non hai luces na habitación,

pero o teu corpo ilumina

bailando de costas á cidade...

Co vestido branco no chan.


© Vanesa Escariz blog. Proudly created with Wix.com

  • Facebook Basic Black
  • Twitter Basic Black
  • Instagram Basic Black
bottom of page