top of page

Alí onde me ves

  • Vanesa Escariz
  • 27 abr 2015
  • 1 Min. de lectura

Alí, onde ves as palabras malinterpretadas

alí onde as ves

estou eu

odiándome

por todo aquilo que non podo reparar.

Alí, onde me ves

conto os intres nos que non fuxín a tempo

e os golpes dignos das películas de acción,

quizais tamén dalgunha de drama.

Alí, onde só ves escuridade

brilan os opacos das ausencias

brilan os amigos perdidos e por perder

as causas inviables.

Alí, onde me ramifico en feras

non existen valos capaces de conterme

e os berros por todo o vivido e non vivido

son tan reais que...

Alí, onde ves as palabras malinterpretadas

alí onde as ves

estou eu

queréndome

por todo aquilo que non podo reparar.

Queréndome

e ti

queréndome tamén,

no falsificable escuro.

tumblr_lzm1rmpVoa1r7g9eho1_500.jpg


 
 
 

Comentarios


© Vanesa Escariz blog. Proudly created with Wix.com

  • Facebook Basic Black
  • Twitter Basic Black
  • Instagram Basic Black
bottom of page