top of page

Aladino era de Lugo


Aladino non vivía en Arabia, nin tampouco estaba destinado a ser sultán. Fora criado pola súa avoa nun pobo do Lugo profundo con tal inocencia e cariño, que descoñecía totalmente a cara perversa do mundo. Pasara a súa adolescencia totalmente alleo á masturbación. De feito, se a alguén se lle ocorrese preguntarlle pola palabra, seguramente o coitado pensaría que estaban a falar dalgún tipo de danza.

Aladino non coñeceu o sexo ata que atopou á Gaita, e non, non era que non soubese da existencia da súa pirola, non nos enganemos, el sabía de sobra que a trompiña estaba aí, só que non lle sabía doutro uso que non fose mexar e xogar as espadiñas co fillo do Cucho de forma ocasional.

Pero ben, sigamos coa historia; a Gaita, que era como a chamaban amigos e familiares, era unha moza de Solán de Arriba, moi coñecida por tocar nas festas o instrumento que lle daba nome. Sempre fora unha rapaza moi querida no pobo, non só por ser filla de quen era (seu pai era o mellor alcalde que o pobo tivera en anos), senón tamén por ser esa neniña doce e educada que calquera nai querería para o seu fillo, ou polo menos iso aparentaba, porque de saberen as mulleres que a Gaita se deitara con canto home había nos arredores, casado ou por casar, o conto ía ser outro.

O certo é, que por mera discreción dos homes ou por pura sorte, nunca esta faceta da rapaza saíra á luz e polo tanto, como ben podiamos adiviñar, o Aladino sabía tan pouco disto coma calquera outro que non pasase xa pola súa cama.

Non foi ata a mañá do luns da festa de Solán daquel ano cando a Gaita reparou no xove. Viña ela polo camiño do monte, logo dunha noite pouco exitosa, pois tódolos homes que alí había xa foran os seus amantes noutra ocasión (e tedes que saber que non lle gustaba repetir), cando atopou a Aladino sentado nunha pedra coidando do rabaño. Non pensedes que non o coñecía xa, foran xuntos á escola e tiñan compartido algún que outro bocadillo de chourizo nos recreos, pero esa mañá... Esa mañá, motivada pola quentura que levaba enriba e que non puidera saciar, a Gaita veu ao rapaz tan atractivo que non puido máis que alí, no medio das cabras e dos castróns, baixar as bragas, subir a falda, e sen mediar palabra con el, montalo como se dunha salvaxe se tratase.

Aladino, a pesares de que ao principio estaba un pouco asustado, non opuxo resistencia e deixou que ela fixera aquilo que tanto gusto lle daba, así, un dentro do outro e sen facer máis ruído ca os xadeos ocasionais, pasaron horas.

Ao principio á Gaita gustáballe e ata lle facía unha pouca gracia que o rapaz durase tanto, pero chegou un momento no que estaba tan cansada e farta que, tal e como viñera, subiu as bragas, baixou a falda, e seguiu o seu camiño cara a casa, disposta a durmir o sono que tanto necesitaba logo do polvo.

E alí quedou Aladino tirando no chan, quente, tan tan quente, que sen saber moi ben o que facía, púxose de pé, baixou ben os pantalóns, e coa pirola aínda empalmada, colleu unha cabra.





bottom of page