top of page

Ausencia

  • Foto del escritor: Vanesa Wallace
    Vanesa Wallace
  • 16 mar 2015
  • 1 Min. de lectura

Escribo isto para dicirche

que boto de menos a túa ausencia

que me ferve o sangue cando recordo

o tacto lene da túa pel nas mañás de verán,

o teu andar calado nas tardes de outono,

o teu non estar nas noites de inverno...

Que por estar estabas

e por non estar non estamos agora

pois temín os plurais comprometidos

e esquecinme de reaprender os sentimentos.

E boto de menos a túa ausencia

a forma na que sen querer me querías

sen preguntarte sequera

se eramos duradeiro

ou fuxidío.

coppola_2.jpg

 
 
 

Comentarios


© Vanesa Escariz blog. Proudly created with Wix.com

  • Facebook Basic Black
  • Twitter Basic Black
  • Instagram Basic Black
bottom of page