top of page

Situación sentimental: é complicado

  • Foto del escritor: Vanesa Wallace
    Vanesa Wallace
  • 15 mar 2015
  • 1 Min. de lectura

Agardaron impacientes unha nova conversa,

ensimesmados diante da luxuriosa pantalla.

Pulsaron con agarimo involuntario cada tecla.

Escribiron con silandeiro querer cada palabra.

Leron interesados,

os detalles máis íntimos do último xantar,

mentres repasaban as derradeiras fotografías publicadas.

Intercambiaron gustosos os máis recónditos segredos.

Descifraron sensuais insinuacións entre liñas.

Confundiron, tristes descoñecidos,

verbas de amor, con verbas de falsos amigos;

entre risas finxidas e apócopes case inintelixibles.

i.0.people-dependent-phones-nomophobia.jpg
 
Comentarios

© Vanesa Escariz blog. Proudly created with Wix.com

  • Facebook Basic Black
  • Twitter Basic Black
  • Instagram Basic Black
bottom of page