Á túa saúde, querida!
- Vanesa Wallace
- 15 mar 2015
- 1 Min. de lectura
Son o punto equidistante
entre o silencio e a verba.
O punto e coma
que separa a túa oración da miña.
Ineludible,
como Rick Blaine e Ilsa Lund
naquel aeroporto improvisado de Casablanca.
Son o punto e seguido
do teu ollar escrito no papel,
que se converterá
sen pretendelo
nun punto final
cando remate a liña do (noso) tempo.
Cando nin sequera nos quede París...

Comentarios