top of page

Da realidade

Os medios de comunicación non falan,

mais estase a propagar unha nova glaciación

entre os que cimentan a súa voz na ignorancia.

Apalpan o mundo coas luvas postas,

co corazón no chan se deitan e levantan

e o buraco do peito conservado ben frío,

sepultura das ideas que ficarán conxeladas.

Hai tempo que podrecen nas súas mentes

as flores da tolerancia que regaban outrora.

Tempo querendo mirar o mundo

con ollos de vidro opaco...

Xustificando o inxustificable.

(medo)

© Vanesa Escariz blog. Proudly created with Wix.com

  • Facebook Basic Black
  • Twitter Basic Black
  • Instagram Basic Black
bottom of page